Taboleiro de Anuncios
Asociación Veciñal Cultural e Recreativa San Mamede de Zamáns
ANUNCIOS -Visita a web da Parroquia www.zamans.net -Campaña de recollida de roupa,calzado e bolsos usados para reciclaxe, en beneficio do pobo Saharaui. O punto de recollida está na entrada do Centro Cultural. -Se desexas ter o carné de socio da Asociación, por favor, entréganos a túa fotografía. -Se estás interesado en que algún curso ou actividade se imparta no Centro, fainos chegar as túas suxerencias. *******************************
ANUNCIOS -Está á vosa disposición un contenedor para reciclar aceite, atópase fóra do centro e pregamos que cada persoa bote dentro do bidón o seu aceite."Non aceites industriais ou de motor,solo de uso doméstico". -Xa está en funcionamento a biblioteca e a videoteca do Centro Cultural. -Recibos socios Ademáis da programación queremos recordarvos que aínda quedan pendentes de pago algúns recibos, debendo abonar 35€ os recibos familiares e 25€ os unifamiliares, o pago pódese efectuar no Centro ou en calquera oficina de Caixanova na conta 2080-5082-31-3040004241. ********************************** Teléfonos de interés: Centro Cultural: 986468039 Avarías no Alumeado Público:900333365 Recollida de enseres domésticos(Concello):986485682 de 9-14h.
MAGOSTO
-
NIF:G36691855 Estrada Zamáns, 251 - 36310 Zamáns (Vigo) Tfno-Fax:986 468039 Email: zamans@zamans.org
Zamáns, 2- novembro -2012
Estimados veciños/as:
Como tódolos anos achegámosvos a programación cultural e iniciativas interesantes para os vindeiros meses.
-Magosto.
Terá lugar o venres, día 9 de novembro a partir das 20:30h.
Haberá castañas asadas para todos e a velada estará amenizada polo grupo de gaitas e baile "Rueiro" de Coia.
-Pilates.
O día 19 de novembro comeza o curso de pilates,o horario é os luns e mércores de 20:30-21:30h, prazas limitadas.Curso de balde concedido pola concellería de Igualdade.
-Concerto de guitarra.
O sábado, 24 de novembro ás 18h. Actuarán os alumnos do curso de guitarra da Asociación de Zamáns e un grupo invitado.
-Ensaios da Rondalla.
Xa están en marcha os ensaios da Rondalla, os venres de 20-22h.¡Animádevos!
-Ensaios para o Festival de Nadal.
Os sábados, ás 10h no centro cultural.¡Animádevos!
_______________________________________________________________
-Lotería.
Atópase á disposición dos socios a lotería, os que o desexen poden recollela na cafetería do centro, este ano xogamos co nº 92.817, prezo 5€ cada participación. ¡Moita sorte! !Non se reserva!
Aproveitamos para poñernos como sempre a vosa disposición e agradecervos a colaboración.
Recibide un cordial saúdo.